Josefa Ramiro Santos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Almeiras, España |
Morte | 1948 valor descoñecido |
Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo |
Outros nomes | Pepa |
Actividade | |
Ocupación | maquis |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Familia | |
Cónxuxe | Ramón Romay Ramoné |
Josefa Ramiro Santos, coñecida como Pepa, nada en Almeiras (Culleredo) e finada en 1948, foi unha guerrilleira antifranquista galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tía do guerrilleiro Manuel Ramiro Souto e casada co tamén membro da guerrilla Ramón Romay Ramoné. A súa casa era un punto de apoio da guerrilla. Logo da deserción de Ricardo de la Fuente no verán de 1948 incorporase á guerrilla co seu home e o seu sobriño. Participou no enfrontamento coa forza do posto de Abegondo xunto con Juan Couto Sanjurjo, José María Castelo Mosquera, María Amado Otero e Carmen Temprano Salorio o día da queima da casa do concello de Abegondo. Cando o seu home, Ramón Romay, desertou da guerrilla, Emilio Pérez Vilariño ordenou a súa eliminación ante a posibilidade de que tomase a mesma determinación. Foi executada por José Blanco Núñez e Francisco Paz Fornos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martínez, Lupe (2023). Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña. Vigo: Galaxia. pp. 382–383. ISBN 978-84-1176-172-7.
- Martínez, Lupe (2007). Coa man armada. "Ejercito Guerrillero de Galicia" -IV Agrupación- 1946 - 1948. Vigo: A Nosa Terra. pp. 127–128. ISBN 978-84-8341-166-7.